mércores, 29 de abril de 2020

INTELIXENCIA EMOCIONAL: RETO PARA 15 DÍAS

Ola a tod@s!!!
 Na programación desta semana ía plantexado un reto para 15 días. O reto é sobre emocións!! Creo que as emocións son "as gran olvidadas". Case nunca prestamos atención a elas ou incluso moitas veces tendemos a escondelas e non deixalas saír e iso é un TREMENDO ERRO!!!!

 Pois ben, para tratar de mellorar iso vai o reto desta semana e o post de hoxe.....

 Este post espero que resulte moi interesante para vós, os nen@s, pero tamén para vós, pais e nais. Nestes momentos tan complicados que estamos a vivir é de vital importancia entender e saber xestionar todo o que pensamos e sentimos. Non só para sobrelevalo nós senón tamén para manter unha relación sana cos nosos fillos e fillas.

 Deixovos unhos enlaces moi interesantes nos que podedes entender mellor o que é a Intelixencia Emocional e profundizar un pouquiño máis nela. Todos están sacados da revista de psicoloxía "La mente es maravillosa".

 Neste enlace explica o que é e por que é tan importante:

 https://lamenteesmaravillosa.com/daniel-goleman-teoria-la-inteligencia-emocional/


Aquí explica a importancia da Intelixencia Emocional n@s nen@s:

https://lamenteesmaravillosa.com/inteligencia-emocional-para-educar-ninos-felices/

E neste último davos unhas pautas a ter en conta para traballar as emocións a diario cos nosos fillos:

 https://lamenteesmaravillosa.com/diez-reglas-para-educar-a-los-ninos-en-inteligencia-emocional/

E por último quería deixarvos tamén unha serie de curtas moi moi boas todas que tratan de educar nas emocións:

https://www.canva.com/es_mx/aprende/33-cortometrajes-ideales-educar-emociones


Agora con todo isto só nos queda invitarvos a tod@s a preparar o reto destes 15 días a tope!! esforzándovos un montón e, para iso simplemente tedes que deixar saír as vosas EMOCIÓNS!!!!! ANIMÁDEVOS!! esperamos con moitísima ilusión todos os retos. Bicos a moreas!!
Ler máis...

martes, 28 de abril de 2020

CARTEIS DÍA DO LIBRO

Vimos de celebrar o Día do Libro, pero xa sabedes que o día do libro son todos e cada un dos días do ano! Porque a lectura é unha das mellores fontes de aprendizaxe e ademais permítenos desenvolver a nosa imaxinación, recrear mundos fantásticos e vivir verdadeiras aventuras! Pero vós sabédelo moi ben, só queda que non o esquezades e o poñades en práctica día a día!

Algúns de vós enviástesnos uns carteis fermosísimos polo Día do Libro, mil grazas por participar!! Podedes velos nesta presentación:


Aproveitamos que aínda estamos no mes de abril, o mes dos libros e da literatura, para propoñervos unha actividade en familia que fará que compartades grandes momentos:

👪📖CLUBE DE LECTURA FAMILIAR📚🏠
Creade o voso recuncho de lectura na casa e dedicade 30 minutos (ou máis!) diarios a ler unha das propostas que vos deixamos na carpeta “Lectura” ou un libro que teñades na casa.
Xa sabedes que o marabilloso de coñecer ben dúas linguas, o galego e o castelán, é que temos o dobre de posibilidades para expresarnos, comunicarnos, sentir e compartir. Así que cada semana, ou cada dúas semanas podedes ir alternando lecturas en galego e castelán.
Ademais, o bo de ler en familia é que cada día pode ler en voz alta un membro da familia distinto!
Ao rematar a lectura podedes facer a vosa crítica literaria cubrindo a ficha de lectura, ou incluso se vos animades, gravar as vosas recomendacións lectoras para que outros compis se animen a ler!

 P.D: Deixámosvos aquí un documento co acceso a tres novos libros que Xerais ten dispoñibles para ler na plataforma ISSU na súa iniciativa #Ábrelleaportaálectura (Coma sempre, tamén o tedes na carpeta de lectura do Drive).


#Ábrelleaportaálectura #Lenacasa #Euleoengalego #Quedanacasa
Ler máis...

EDUCACIÓN FÍSICA: Propostas de actividades

Os profes de Educación Física crearon unha carpeta en Google Drive con propostas desta área que irán actualizando cada semana.
Dependendo de que profe vos dea clase de Educación Física, Mila ou Pablo, tedes unha carta do profe na carpeta de presentación correspondente a vosa clase (3º A e B, ou 3º C).

Podedes acceder desde a páxina web do cole, seleccionando o curso correspondente ao abrila:


E tamén podedes acceder 👉aquí👈 directamente á carpeta de 3º de primaria de Educación Física.

Ler máis...

luns, 27 de abril de 2020

Actividades propuestas el 27 de abril: LENGUA CASTELLANA

Accede 👉aquí👈 a la propuesta de trabajo de lengua castellana para esta semana.

Esta semana en lengua, entre otras cosas, vamos a recordar y a seguir aprendiendo sobre las palabras. Antes de poneros a practicar con las actividades podéis ver estos vídeos sobre el adjetivo y las palabras derivadas:

      

Ler máis...

Actividades propuestas el 27 de abril: MATEMÁTICAS

Acceded 👉aquí👈 a los materiales propuestos para esta semana del 27 de abril.

Esta semana vamos a practicar mucho la división. En el plan de trabajo de la semana tenéis varios enlaces a vídeos que pueden ayudaros a repasar y recordar, os los dejamos también por aquí:
  
  
También encontraréis las carreras matemáticas, para que practiquéis vuestras habilidades de cálculo jugando: PREPARADOS... LISTOS... YA!!!

Ler máis...

Semana do 27 de Abril: CIENCIAS NATURAIS

Bos días a tod@s!!

 Agardo que esteades tod@s moi ben. Que tal foi o paseo de onte???😀 Supoño que o disfrutastes como nunca!!! Eso si! Lembrade facelo con moita responsabilidade para que toda esta situación vaia rematando!!!!

Moitos bicos para tod@s das profes. Botámosvos moito de menos!!! 😘😘😘


Comezamos semana nova e aquí vos deixamos algunhas actividades de Ciencias Naturais para que vaiades facendo......

Accede aquí á carpeta de Ciencias de Google Drive con actividades para estes días.
Ler máis...

RELIXIÓN EVANXÉLICA: CARTA DO PROFE MARCOS

Accede 👉aquí👈 á carpeta de Relixión evanxélica en Google Drive con materiais para estes días.
Ler máis...

sábado, 25 de abril de 2020

COVID-19 CONDICIÓNS PARA OS DESPRAZAMENTOS DA POBOACIÓN INFANTIL

Información que pode ser do voso interese nestes días:

Accedede 👉aquí👈 ao BOE no que se establecen as condicións para que a poboación infantil poida desprazarse durante a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Accedede 👉aquí👈 á Guía de boas prácticas nas saídas da poboación infantil durante o Estado de Alarma publicada  polo Ministerio de Sanidade.






Ler máis...

mércores, 22 de abril de 2020

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Dende o Departamento de Orientación (Orientadora e mestras de Pedagoxía Terapéutica, e Audición e Linguaxe) propoñen unha serie de recursos cos que pode traballar todo o alumnado. En principio este material foi proposto para aqueles que reciben normalmente Reforzo Educativo pero pode ser útil igualmente para tod@s.

Aquí vos deixamos unha carta informativa do Departamento
https://drive.google.com/file/d/1QYsutnlNft-6OhUR0sRV5y3pEHUNyeS_/view?usp=sharing


Se facedes click👉aquí👈 poderedes acceder a todos os materiais que hai do Departamento de Orientación  no Google Drive.
Ler máis...

martes, 21 de abril de 2020

CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO

Este xoves, 23 de abril, celébrase o 📖📚Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor✍.

Como nos recorda a UNESCO, máis que nunca, neste momento no que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa 🏠, podemos usar o poder da lectura ✨ para combater o illamento ⏳, á vez que estimulamos as nosas mentes 🧠 e a nosa creatividade 🎨, viaxando grazas á imaxinación 🚀.

Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental tomarse o tempo para ler só ou con outros membros da familia. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, crecer como lectores e promover o amor á literatura.

Por iso, queremos propoñervos a seguinte actividade:

  1. Crea o teu slogan para celabrar o Día do Libro, pode ser: unha frase ou texto curto orixinal, ou ben, unha rima ou pareado.
  2. Elabora un cartel ou póster co teu slogan decorándoo ao teu gusto, podes engadir imaxes ou debuxos relacionados coa temática.
  3. Se podes, coa axuda dun adulto ou familiar, sácalle unha foto ou escanéao e envíanos a túa aportación para celebrar o Día do Libro ao correo electrónico: terceirocovid19@gmail.com

Aquí vos deixamos algúns exemplos para que vos inspiredes:

📚Le libros a montón, 
     que mola mogollón.👍
🌄Se queres vivir aventuras, 
                  somérxete en lecturas.📖📜
🏄No tempo de lecer, 
a lectura non debes esquecer.📕
📆Le un chisco cada día, 
     darache sabedoría.🦉💡
😄A maior diversión
é ler con ilusión.😊📖

 

#QuédateEnCasa #DíaMundialDoLibro
Ler máis...