Este venres día 5 de xuño celébrase a nivel mundial o día do Medio Ambiente.
Estamos pasando por unha época moi complicada en todos os lugares do mundo. Unha época na que sobre todo está en xogo a nosa saúde!! Como ben sabedes é debido a un virus, o COVID-19, que xurdiu na China e foise espallando por todo o mundo. Pois ben, tod@s os expertos en Ciencia están dacordo que isto se debe a todas as alteracións que están sufrindo os ecosistemas provocadas pola contaminación, á superpoboación e en definitiva ao cambio climático que se deriva de todo isto. Polo tanto si non cambiamos e non tomamos en serio o coidado do planeta seguiremos sufrindo as consecuencias.....

Si premedes aquí ides acceder a unha páxina das Nacións Unidas na que tanto vós, @s nen@s ,como os pais e nais podedes atopar información importante sobre o medio ambiente, un trivial sobre biodiversidade e un vídeo moi clarificador sobre o planeta.( O vídeo está en inglés pero ten subtítulos en castelán e o trivial está en inglés pero podedes intentalo 😉)
Por último, que vos parece si aportamos algo ao medio ambiente?? Podemos adicar algúns minutiños da nosa vida a facer cousas boas e axudar ao planeta, por exemplo: sementar, plantar unha planta ou unha árbore, axudar a coidar as que temos na casa ou no xardín, reciclar SEMPRE, consumir menos e con máis cabeza...….. millóns de cousas pequeniñas que podemos facer e que axudan a COIDAR E MIMAR o único planeta que temos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario