Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2020

CADERNOS DE REPASO PARA O VERÁN

Dado o atípico que foi este curso, parécenos interesante deixarvos para estas vacacións de verán algúns cadernos de repaso e reforzo dos contidos de 3º de primaria, para que poidades seguir traballando e mantendo certas rutinas na casa. Entendemos que os nenos/as precisan do seu merecido descanso e deben desfrutar do verán, pero dado que van a ser moitos meses sen clases presenciais, é convinte adicar algún tempo semanal a repasar e reforzar hábitos de estudo. Tedes varios materiais a vosa disposición para que seleccionedes os que sexan do voso interese.

Principalmente, recomendámosvos que traballedes cun caderniño das áreas instrumentais, lingua castelá e matemáticas. Aínda que vos deixamos máis material por se queredes usar algo a maiores.

👇Premede nas imaxes para acceder aos cadernos:👇

       

Tamén vos deixamos 👉aquí👈 un reto de lectura para estas vacacións, oxalá ao final do verán consigades ter todos os libriños coloreados! 📖💖
Ler máis...

mércores, 27 de maio de 2020

EU LEO EN GALEGO, E TI?

Aquí tedes o resultado do reto que vos propuxemos para celebrar o ✍Día das Letras Galegas📖 e doutras actividades que vos fomos propoñendo relacionadas con esta celebración.

Encantáronnos as vosas recomendacións lectoras!!! 💙💙💙 



Esperamos que vos gustara moito ver os vosos traballiños aquí publicados e que fórades collendo ideas para próximas lecturas!!

Bicos a moreas!! 🌈

Ler máis...

mércores, 13 de maio de 2020

RETO 3: EU LEO EN GALEGO!


Cada 17 de maio, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. E xa que estamos na semana das Letras Galegas, aquí vos deixamos un novo reto:

📖EU LEO EN GALEGO!📚
Co gaio do Día do Libro xa vos propuxéramos que, se non o tiñades xa, crearades o voso recuncho de lectura na casa e lle dedicarades un tempo diario a ler en familia. Podedes ver 👉aquí👈 a publicación na que falábamos diso. Neste reto, podedes aproveitar algunha desas lecturas en familia:

Elixide un libro escrito en galego, pode ser o voso libro favorito ou o que máis vos gustou ler nesta corentena (tedes varios para escoller na carpeta de Lecturas en galego), e facede a vosa recomendación literaria escrita📝 ou gravada en       🔊audio/vídeo📹. Podedes seguir este guión ou adaptalo ao voso gusto:

1. 🙋 Saúdo. Como te chamas?
2. 💬 De que vas a falar? Título do libro, quen é o autor/a e cando o liches (amósao se o tes contigo ou preséntanos un             debuxo relacionado co libro elixido se non o tes na casa).
3. 📖 De que trata? Quen son os protagonistas?
4. 💙 Valoración persoal. Que foi o que máis che gustou dese libro? Por que llo recomendarías aos teus compañeiros/as?
5. 👋 Despedida. Podes rematar coa frase: "Eu leo en galego, e ti?"

Se podedes, coa axuda dun adulto, enviádenos por correo electrónico📧 a recomendación literaria escrita ou gravada. Estamos desexando velas! Animádevos a participar!!

E xa que este reto vai para que poidamos celebrar xuntos o Día das Letras Galegas, deixámosvos por aquí un conto dixitalizado do autor homenaxeado este ano: Ricardo Carballo Calero.

Preme no título para ler na plataforma ISSUU o conto: 🐔As pitas baixo a choiva

Agardamos que vos guste moito!🌈

Ler máis...

luns, 4 de maio de 2020

Propuestas artísticas de mayo: CONFÍA EN EL PODER DE TU CREATIVIDAD

Y aquí os dejamos la última propuesta artística de esta primera quincena de mayo, en la que además está implicada la lectura de un cuento muy colorido:

Lee el cuento de la autora Olga de Dios "LEOTOLDA". Tendrás que leerlo con mucha atención, ¡porque sus protagonistas van a necesitar tu ayuda!

Te dejamos el cuento aquí en para que puedas descargarlo o leerlo directamente:



También lo tenéis en versión vídeocuento:


¿Ya habéis descubierto cómo ayudar a nuestros protagonistas? ¡Nos encantará ver lo creativos que habéis sido! ¡Enviadnos vuestras creaciones por correo electrónico!
Ler máis...

martes, 28 de abril de 2020

CARTEIS DÍA DO LIBRO

Vimos de celebrar o Día do Libro, pero xa sabedes que o día do libro son todos e cada un dos días do ano! Porque a lectura é unha das mellores fontes de aprendizaxe e ademais permítenos desenvolver a nosa imaxinación, recrear mundos fantásticos e vivir verdadeiras aventuras! Pero vós sabédelo moi ben, só queda que non o esquezades e o poñades en práctica día a día!

Algúns de vós enviástesnos uns carteis fermosísimos polo Día do Libro, mil grazas por participar!! Podedes velos nesta presentación:


Aproveitamos que aínda estamos no mes de abril, o mes dos libros e da literatura, para propoñervos unha actividade en familia que fará que compartades grandes momentos:

👪📖CLUBE DE LECTURA FAMILIAR📚🏠
Creade o voso recuncho de lectura na casa e dedicade 30 minutos (ou máis!) diarios a ler unha das propostas que vos deixamos na carpeta “Lectura” ou un libro que teñades na casa.
Xa sabedes que o marabilloso de coñecer ben dúas linguas, o galego e o castelán, é que temos o dobre de posibilidades para expresarnos, comunicarnos, sentir e compartir. Así que cada semana, ou cada dúas semanas podedes ir alternando lecturas en galego e castelán.
Ademais, o bo de ler en familia é que cada día pode ler en voz alta un membro da familia distinto!
Ao rematar a lectura podedes facer a vosa crítica literaria cubrindo a ficha de lectura, ou incluso se vos animades, gravar as vosas recomendacións lectoras para que outros compis se animen a ler!

 P.D: Deixámosvos aquí un documento co acceso a tres novos libros que Xerais ten dispoñibles para ler na plataforma ISSU na súa iniciativa #Ábrelleaportaálectura (Coma sempre, tamén o tedes na carpeta de lectura do Drive).


#Ábrelleaportaálectura #Lenacasa #Euleoengalego #Quedanacasa
Ler máis...

martes, 21 de abril de 2020

CELEBRAMOS A SEMANA DO LIBRO

Este xoves, 23 de abril, celébrase o 📖📚Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor✍.

Como nos recorda a UNESCO, máis que nunca, neste momento no que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa 🏠, podemos usar o poder da lectura ✨ para combater o illamento ⏳, á vez que estimulamos as nosas mentes 🧠 e a nosa creatividade 🎨, viaxando grazas á imaxinación 🚀.

Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental tomarse o tempo para ler só ou con outros membros da familia. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, crecer como lectores e promover o amor á literatura.

Por iso, queremos propoñervos a seguinte actividade:

  1. Crea o teu slogan para celabrar o Día do Libro, pode ser: unha frase ou texto curto orixinal, ou ben, unha rima ou pareado.
  2. Elabora un cartel ou póster co teu slogan decorándoo ao teu gusto, podes engadir imaxes ou debuxos relacionados coa temática.
  3. Se podes, coa axuda dun adulto ou familiar, sácalle unha foto ou escanéao e envíanos a túa aportación para celebrar o Día do Libro ao correo electrónico: terceirocovid19@gmail.com

Aquí vos deixamos algúns exemplos para que vos inspiredes:

📚Le libros a montón, 
     que mola mogollón.👍
🌄Se queres vivir aventuras, 
                  somérxete en lecturas.📖📜
🏄No tempo de lecer, 
a lectura non debes esquecer.📕
📆Le un chisco cada día, 
     darache sabedoría.🦉💡
😄A maior diversión
é ler con ilusión.😊📖

 

#QuédateEnCasa #DíaMundialDoLibro
Ler máis...

venres, 17 de abril de 2020

PROPOSTAS DE LECTURA E LIBROS PARA DESCARGAR E DESFRUTAR

👉Aquí👈 podedes acceder á carpeta de lectura en Google Drive na que encontraredes diferentes propostas de lectura en galego e castelán, e libros listos para descargar ou poder ler directamente nos vosos dispositivos electrónicos (móbil, tableta ou ordenador).


Ler máis...

Ficha de lectura

Aquí vos deixamos un modelo de ficha de lectura para que fagades as vosas críticas literarias:

Ler máis...

GaliciaLe: Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas

Accede aquí a GaliciaLe: 👉https://www.galiciale.gal👈

Ler máis...