Como nos recorda a UNESCO, máis que nunca, neste momento no que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa 🏠, podemos usar o poder da lectura ✨ para combater o illamento ⏳, á vez que estimulamos as nosas mentes 🧠 e a nosa creatividade 🎨, viaxando grazas á imaxinación 🚀.
Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental tomarse o tempo para ler só ou con outros membros da familia. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, crecer como lectores e promover o amor á literatura.
Por iso, queremos propoñervos a seguinte actividade:
- Crea o teu slogan para celabrar o Día do Libro, pode ser: unha frase ou texto curto orixinal, ou ben, unha rima ou pareado.
- Elabora un cartel ou póster co teu slogan decorándoo ao teu gusto, podes engadir imaxes ou debuxos relacionados coa temática.
- Se podes, coa axuda dun adulto ou familiar, sácalle unha foto ou escanéao e envíanos a túa aportación para celebrar o Día do Libro ao correo electrónico: terceirocovid19@gmail.com
Aquí vos deixamos algúns exemplos para que vos inspiredes:
📚Le libros a montón,
que mola mogollón.👍
🌄Se queres vivir aventuras,
somérxete en lecturas.📖📜
🏄No tempo de lecer,
a lectura non debes esquecer.📕
📆Le un chisco cada día,
darache sabedoría.🦉💡
😄A maior diversión
é ler con ilusión.😊📖

#QuédateEnCasa #DíaMundialDoLibro
Ningún comentario:
Publicar un comentario