Amosando publicacións coa etiqueta sorrisoscontraovirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sorrisoscontraovirus. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

RETO 4: COCIÑA EN FAMILIA!

E aquí tedes o resultado do último reto que vos propuxemos: Cociña en familia!

Que receitas tan apetitosas preparastes! Grazas ás familias por participar e axudar aos vosos pequenos a elaboralas, gravalas, fotografialas e envialas para que todos poidamos ver o ben que se expresan e o capaces que son de facer grandes cousas! Ás profes encantounos vervos coas mans na masa! 😄 Quedounos un recetario ben variadiño, agardamos que vos guste tanto coma a nós!

Ler máis...

luns, 15 de xuño de 2020

PROPOSTAS PARA A ÚLTIMA SEMANA DO CURSO

Bos días a tod@s!!!

Pois aínda que pareza mentira, xa chegamos á última semana deste curso!! E aínda que o que nos gustaría sería poder pasala xuntos no cole, este ano tocanos vivir a fin do curso dunha forma diferente!

Queremos darvos as grazas e felicitarvos polo voso esforzo! A todos os que seguistes traballando tan ben este tempo desde a casa, e que puxestes o voso empeño en facernos chegar parte dos vosos traballos, dicirvos que sodes uns auténticos campións e campioas!! Con dedicación e esforzo alcanzaredes moitos soños e metas! Seguide así! 💙💚💛💜


Para esta semana a nosa proposta é que elaboredes o voso libriño de recordos do curso.    Para iso podedes acceder   👉aquí👈 a un libriño que montamos a partir de dous materiais creados por @profemiricleta e imageneseducativas.com e que adaptamos un pouco para vós. Trátase de que o completedes e decoredes ao voso gusto. Por suposto, encantaranos ver como vos vai quedando. Especialmente, sería xenial se queredes compartir con nós algunha mensaxe ou dedicatoria de despedida deste curso. Enviádenos o que queirades ao correo 📩!!

Ademais, tamén vos deixamos un xogo de repaso do aprendido ao longo deste tempo. Nel atoparedes preguntas de lingua castelá, matemáticas e inglés ao estilo do coñecido programa de televisión: 📺¿QUIÉN QUIERE SER MILLONARIO?🏆
Antena 3 se desplazará a Polonia para grabar cuatro especiales de ...
👆Preme na imaxe para acceder ao xogo👆

Moito ánimo para esta última semana rapaces!! Biquiños mil!! 😘😘🌈

Ler máis...

luns, 25 de maio de 2020

SORRISOS CONTRA O VIRUS DE ADRIÁN DE 3ºC!!

Adrián, de 3ºC, quere mandarlle esta mensaxe de ánimo e agradecemento aos grandes heroes na loita contra o virus, o persoal sanitario!! E ademais recórdanos o importante que é que nos protexamos a nós mesmos e aos que nos rodean usando ben as mascariñas, e que estas non van a impedir que o noso sorriso siga aí! 😊 Fagámosllo ver a todos sorrindo coa mirada!! GRAZAS por esta mensaxe tan bonita, Adrián!! 👏👏🌈🥰



Ler máis...

mércores, 20 de maio de 2020

SAÚDOS DE RUBÉN E DIEGO 3ºA

Os vosos compañeiros Rubén e Diego Sobrado de 3ºA quérenvos mandar moitos saúdos e para iso fixeron estes debuxos tan chulos...….

Moitas gracias Rubén e moitas gracias Diego!!!




Ler máis...

luns, 11 de maio de 2020

SORRISOS CONTRA O VIRUS

Ola a todos!!

Creamos unha nova sección no noso blog que decidimos chamar 😄SORRISOS CONTRA O VIRUS😷 porque aínda que todos estamos pasando un momento moi difícil no que ás veces vemos que outras persoas non actúan con toda a responsabilidade que deben e outros estano pasando mal por estar enfermos, lonxe dos seres queridos ou traballando moi duro; tamén hai moitas cousas boas e temos que saber velas, porque esas cousas boas dan esperanza e axudan a ver o mundo con optimismo e alegría. Por iso para esta sección precisamos da vosa axuda, porque pouco a pouco saíremos disto xuntos!:

Podedes enviarnos 📩pequenas cartas, dedicatorias ou notas de ánimo📃 que queirades que publiquemos e compartamos cos compañeiros e compañeiras de terceiro (gravadas en vídeo, audio ou escritas). Poden ser dedicadas a alguén especial para vós do cole ou para dar ánimo e homenaxear a todas as persoas que están traballando moi duro nestes momentos para que todos xuntos poidamos vencer ao virus e volver canto antes á normalidade e a reencontrarnos no cole.

Tamén podedes enviarnos 📰boas noticias📺 que atopedes en xornais, revistas ou que escoitedes na radio ou na tele (fotos de recortes ou resumos feitos por vós): mostras de solidariedade, descubrimentos científicos, historias de persoas que se curan dunha enfermidade,... calquera noticia positiva que creades que pode animar e inspirar aos demais é válida para esta sección!

Non se trata coma outras veces dun reto semanal nin quincenal, senón dunha sección que estará aberta permanentemente para que nos enviedes o que queirades cando queirades.

Moitísimo ánimo e unha gran aperta!🌈
Ler máis...