luns, 11 de maio de 2020

SORRISOS CONTRA O VIRUS

Ola a todos!!

Creamos unha nova sección no noso blog que decidimos chamar 😄SORRISOS CONTRA O VIRUS😷 porque aínda que todos estamos pasando un momento moi difícil no que ás veces vemos que outras persoas non actúan con toda a responsabilidade que deben e outros estano pasando mal por estar enfermos, lonxe dos seres queridos ou traballando moi duro; tamén hai moitas cousas boas e temos que saber velas, porque esas cousas boas dan esperanza e axudan a ver o mundo con optimismo e alegría. Por iso para esta sección precisamos da vosa axuda, porque pouco a pouco saíremos disto xuntos!:

Podedes enviarnos 📩pequenas cartas, dedicatorias ou notas de ánimo📃 que queirades que publiquemos e compartamos cos compañeiros e compañeiras de terceiro (gravadas en vídeo, audio ou escritas). Poden ser dedicadas a alguén especial para vós do cole ou para dar ánimo e homenaxear a todas as persoas que están traballando moi duro nestes momentos para que todos xuntos poidamos vencer ao virus e volver canto antes á normalidade e a reencontrarnos no cole.

Tamén podedes enviarnos 📰boas noticias📺 que atopedes en xornais, revistas ou que escoitedes na radio ou na tele (fotos de recortes ou resumos feitos por vós): mostras de solidariedade, descubrimentos científicos, historias de persoas que se curan dunha enfermidade,... calquera noticia positiva que creades que pode animar e inspirar aos demais é válida para esta sección!

Non se trata coma outras veces dun reto semanal nin quincenal, senón dunha sección que estará aberta permanentemente para que nos enviedes o que queirades cando queirades.

Moitísimo ánimo e unha gran aperta!🌈

Ningún comentario:

Publicar un comentario