Aquí vos deixamos a primeira, que como non podía ser doutra forma, aínda que esteamos na casiña, vai para que poidamos celebrar xuntos a 🌺🍃FESTA DOS MAIOS🌿🌼.
Os Maios son unha festa tradicional galega que se celebra desde épocas moi remotas, especialmente na provincia de Ourense, na que vivimos! Nesta festa celebramos a chegada da primavera e a fin do inverno, que nunha cultura labrega como foi sempre a nosa, era e sigue sendo un feito moi importante para os traballos do campo e as colleitas.
Nesta celebración constrúense os Maios que son figuras ou estruturas feitas con elementos naturais (musgo, flores, paus, herbas, plantas...) e ao redor delas cántanse as coplas, que son cancións irónicas e críticas sobre feitos ou personaxes da actualidade (na proposta de lingua galega desta semana tamén tedes algo sobre isto).
Desde a área de plástica, propoñémosvos que creedes o voso propio Maio e que, se podedes, nos enviedes vídeos ou fotos do proceso de creación ou do resultado final, para compartilas no blog e que xuntos axudemos a manter viva esta tradición!
Aquí vos deixamos dous vídeos moi interesantes para crear un maio na casa. Tedes unha opción con material de refugallo e outra para crear un maio tradicional:
E aquí tedes outra alternativa, ideada polo Centro de Educación Especial de Vilagarcía e sacada do portal educativo Aulas Galegas. Deixámosvos o documento co paso a paso:
Agardamos os vosos Maios!!! 🌿🌸🍀🌼🍃🌺
Ningún comentario:
Publicar un comentario