luns, 4 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: Semana do 4 ao 8 de MAIO

Nova semana e novas propostas!!

Como foron as propostas da semana pasada?? Estades preparando o reto?? 😀

Comezamos con Ciencias Sociais, queremos lembrarvos que alternamos cada semana as Ciencias e as Linguas, polo tanto, a semana pasada fixestes traballo de Lingua Castelá e Ciencias Naturais, entón esta semana tocan a Lingua Galega e as Ciencias Sociais. Tamén vos faremos propostas da área de Plástica cada 15 días. O motivo desta alternancia é que non esteades "sobrecargados" de traballo. Xa que tamén tedes as propostas que vos envían os profes de outras áreas. Aínda así, lembrade que somos moi flexibles, por favor, adaptade as propostas á vosa realidade e xa sabedes que para o que necesitedes aquí estamos! 

@s mestres temos un horario oficial de atención a pais e nais de 10 a 11 h. da mañá os días lectivos pero xa sabedes que podedes enviar as dúbidas que teñades tanto por abalar como polo correo electrónico:  terceirocovid19@gmail.com, á hora que precisedes e porémonos en contacto con vós o antes posible.

Se premedes aquí accederedes ás propostas de Ciencias Sociais programadas para esta semana.

Deixámovos un artigo que nos pareceu moi interesante para vós (pais e nais) sobre o momento que estamos a vivir e que debería facernos reflexionar a tod@s.  Preme aquí .

Un abrazo e bicos a moreas

 😘😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario