📖EU LEO EN GALEGO!📚
Co gaio do Día do Libro xa vos propuxéramos que, se non o tiñades xa, crearades o voso recuncho de lectura na casa e lle dedicarades un tempo diario a ler en familia. Podedes ver 👉aquí👈 a publicación na que falábamos diso. Neste reto, podedes aproveitar algunha desas lecturas en familia:
Elixide un libro escrito en galego, pode ser o voso libro favorito ou o que máis vos gustou ler nesta corentena (tedes varios para escoller na carpeta de Lecturas en galego), e facede a vosa recomendación literaria escrita📝 ou gravada en 🔊audio/vídeo📹. Podedes seguir este guión ou adaptalo ao voso gusto:
1. 🙋 Saúdo. Como te chamas?
2. 💬 De que vas a falar? Título do libro, quen é o autor/a e cando o liches (amósao se o tes contigo ou preséntanos un debuxo relacionado co libro elixido se non o tes na casa).
3. 📖 De que trata? Quen son os protagonistas?
4. 💙 Valoración persoal. Que foi o que máis che gustou dese libro? Por que llo recomendarías aos teus compañeiros/as?
5. 👋 Despedida. Podes rematar coa frase: "Eu leo en galego, e ti?"
Se podedes, coa axuda dun adulto, enviádenos por correo electrónico📧 a recomendación literaria escrita ou gravada. Estamos desexando velas! Animádevos a participar!!
E xa que este reto vai para que poidamos celebrar xuntos o Día das Letras Galegas, deixámosvos por aquí un conto dixitalizado do autor homenaxeado este ano: Ricardo Carballo Calero.
Preme no título para ler na plataforma ISSUU o conto: 🐔As pitas baixo a choiva☔
Agardamos que vos guste moito!🌈
Ningún comentario:
Publicar un comentario