luns, 18 de maio de 2020

LINGUA GALEGA: Proposta de traballo para a semana do 18 de maio

Podedes acceder 👉aquí👈 ao plan de traballo desta semana con actividades de lingua galega.

Esta semana imos centrar algunhas actividades nas Letras Galegas que sempre se celebran o 17 de maio, desde o ano 1963, 100 anos despois da publicación de Cantares Gallegos, obra de Rosalía de Castro. Este ano, está dedicado ao escritor Carballo Calero (aínda que a súa homenaxe celebrarase o 31 de outubro debido á situación de alarma sanitaria que estamos vivindo).

Deixámosvos por aquí tamén, algúns dos recursos cos que podedes traballar esta semana:

🎬 Aquí tedes un vídeo para coñecer un pouquiño a traxectoria tanto da vida como da obra deste escritor galego:


🔎👀🔑 Agora podedes poñer a proba o que aprendestes sobre Carballo Calero, no seguinte "Escape Room virtual" que elaboraron unhas mestras galegas moi creativas para festexar o Día das Letras Galegas (para darlle máis emoción activade o son na presentación 🔊):


¡Agardamos que conseguirades resolver o misterio da casa de Ricardo Carballo Calero e que o pasarades moi ben aprendendo cousas sobre este autor!

2 comentarios:

  1. UNA HISTORIA MUY BONITA LA DE RICARDO CARBALLO CALERO Y UN TRABAJO MUY CREATIVO DE ORGULLO GALLEGO. MI HIJA MARIANA ESTUVO MUY ENTRETENIDA

    ResponderEliminar
  2. Xenial que vos gustase e que Mariana disfrute aprendendo!!! Unha aperta!

    ResponderEliminar