Estimadas familias:
Debido a esta crise sanitaria coa pandemia COVID19 suspéndense as actividades lectivas durante os vindeiros 14 días polo tanto o colexio permanecerá pechado. Por este motivo facemos as seguintes recomendacións:
- Non vos preocupedes pola avaliación e os exames pendentes.
- Non vos preocupedes polo material que quedou na escola. Durante este tempo excepcional traballaremos a través desta plataforma. Entendemos que non todas as familias terán este medio dispoñible pero atendemos a indicacións da Consellería de Educación.
- As titorías programadas coas familias quedan canceladas.
Nesta carpeta atoparedes distintos materiais organizados por áreas nos que o alumnado poderá reforzar contidos xa traballados na aula durante o que levamos de curso (este traballo non será avaliable).
Cada día o alumno/a escollerá tres áreas distintas para traballar e realizará unha das fichas desa carpeta. Non se debe facer todo nun día, senón ir espaciando para cada día o traballo, combinándoo con hábitos e rutinas que deben seguir mantendo como ata o de agora: lectura diaria, ditados e copias, redacións, manualidades e traballos plásticos...
Para garantir a comunicación co profesorado poñemos á vosa disposición o seguinte enderezo electrónico: terceiroCOVID19@gmail.com . Os días laborables de 10 a 11 horas revisaremos dito correo. Para facilitar a comunicación no “asunto” do correo debedes escribir o grupo e o nome do mestre ao que se dirixe. Exemplo: 3ºA Lara.
Agardamos que a situación mellore canto antes.
Un saúdo
Mestras 3º nivel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario