Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2020

CARTA ÁS FAMILIAS: ENTREGA VOLUNTARIA DE TAREFAS

Estimadas familias:

O vindeiro mércores 3 de xuño, poderedes acudir ao centro no horario establecido para cada grupo, para a entrega voluntaria dunha carpeta de tarefas.

Tedes todas as indicacións na "Carta ás familias para a entrega voluntaria de tarefas", que atoparedes no Drive e á que tamén poderedes acceder desde 👉aquí👈. 

Pregamos que sigades as indicacións e respectedes os horarios fixados. Consultádenos calquera dúbida que vos poida xurdir. 

Saúdos e moito ánimo! 💪🌈

Ler máis...

sábado, 25 de abril de 2020

COVID-19 CONDICIÓNS PARA OS DESPRAZAMENTOS DA POBOACIÓN INFANTIL

Información que pode ser do voso interese nestes días:

Accedede 👉aquí👈 ao BOE no que se establecen as condicións para que a poboación infantil poida desprazarse durante a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Accedede 👉aquí👈 á Guía de boas prácticas nas saídas da poboación infantil durante o Estado de Alarma publicada  polo Ministerio de Sanidade.






Ler máis...

martes, 21 de abril de 2020

CARTA ÁS FAMILIAS

Queridas familias:

Tedes unha carta no Drive con algunhas indicacións a ter en conta para o desenvolvemento deste 3º trimestre, podedes acceder 👉aquí👈.

E para animarvos un pouco a tarde, deixámosvos unha canción de Billy Boom Band para que bailedes en familia 💃💃💃.

Ánimo!!! 💪

Ler máis...

xoves, 16 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Estimadas familias:

Debido a esta crise sanitaria coa pandemia COVID19 suspéndense as actividades lectivas durante os vindeiros 14 días polo tanto o colexio permanecerá pechado. Por este motivo facemos as seguintes recomendacións:

  • Non vos preocupedes pola avaliación e os exames pendentes.
  • Non vos preocupedes polo material que quedou na escola. Durante este tempo excepcional traballaremos a través desta plataforma. Entendemos que non todas as familias terán este medio dispoñible pero atendemos a indicacións da Consellería de Educación.
  • As titorías programadas coas familias quedan canceladas.

Nesta carpeta atoparedes distintos materiais organizados por áreas nos que o alumnado poderá reforzar contidos xa traballados na aula durante o que levamos de curso (este traballo non será avaliable).

Cada día o alumno/a escollerá tres áreas distintas para traballar e realizará unha das fichas desa carpeta. Non se debe facer todo nun día, senón ir espaciando para cada día o traballo, combinándoo con hábitos e rutinas que deben seguir mantendo como ata o de agora: lectura diaria, ditados e copias, redacións, manualidades e traballos plásticos...

Para garantir a comunicación co profesorado poñemos á vosa disposición o seguinte enderezo electrónico: terceiroCOVID19@gmail.com . Os días laborables de 10 a 11 horas revisaremos dito correo. Para facilitar a comunicación no “asunto” do correo debedes escribir o grupo e o nome do mestre ao que se dirixe. Exemplo: 3ºA Lara.

Agardamos que a situación mellore canto antes.

Un saúdo

Mestras 3º nivel.
Ler máis...