Bos días a tod@s!!!
Pois aínda que pareza mentira, xa chegamos á última semana deste curso!! E aínda que o que nos gustaría sería poder pasala xuntos no cole, este ano tocanos vivir a fin do curso dunha forma diferente!
Queremos darvos as grazas e felicitarvos polo voso esforzo! A todos os que seguistes traballando tan ben este tempo desde a casa, e que puxestes o voso empeño en facernos chegar parte dos vosos traballos, dicirvos que sodes uns auténticos campións e campioas!! Con dedicación e esforzo alcanzaredes moitos soños e metas! Seguide así! 💙💚💛💜

Para esta semana a nosa proposta é que elaboredes o voso libriño de recordos do curso. Para iso podedes acceder 👉aquí👈 a un libriño que montamos a partir de dous materiais creados por @profemiricleta e imageneseducativas.com e que adaptamos un pouco para vós. Trátase de que o completedes e decoredes ao voso gusto. Por suposto, encantaranos ver como vos vai quedando. Especialmente, sería xenial se queredes compartir con nós algunha mensaxe ou dedicatoria de despedida deste curso. Enviádenos o que queirades ao correo 📩!!
Ademais, tamén vos deixamos un xogo de repaso do aprendido ao longo deste tempo. Nel atoparedes preguntas de lingua castelá, matemáticas e inglés ao estilo do coñecido programa de televisión: 📺¿QUIÉN QUIERE SER MILLONARIO?🏆
Moito ánimo para esta última semana rapaces!! Biquiños mil!! 😘😘🌈
![]() |
👆Preme na imaxe para acceder ao xogo👆 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario