Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de xuño de 2020

RETO 4: COCIÑA EN FAMILIA!

E aquí tedes o resultado do último reto que vos propuxemos: Cociña en familia!

Que receitas tan apetitosas preparastes! Grazas ás familias por participar e axudar aos vosos pequenos a elaboralas, gravalas, fotografialas e envialas para que todos poidamos ver o ben que se expresan e o capaces que son de facer grandes cousas! Ás profes encantounos vervos coas mans na masa! 😄 Quedounos un recetario ben variadiño, agardamos que vos guste tanto coma a nós!

Ler máis...

luns, 15 de xuño de 2020

CADERNOS DE REPASO PARA O VERÁN

Dado o atípico que foi este curso, parécenos interesante deixarvos para estas vacacións de verán algúns cadernos de repaso e reforzo dos contidos de 3º de primaria, para que poidades seguir traballando e mantendo certas rutinas na casa. Entendemos que os nenos/as precisan do seu merecido descanso e deben desfrutar do verán, pero dado que van a ser moitos meses sen clases presenciais, é convinte adicar algún tempo semanal a repasar e reforzar hábitos de estudo. Tedes varios materiais a vosa disposición para que seleccionedes os que sexan do voso interese.

Principalmente, recomendámosvos que traballedes cun caderniño das áreas instrumentais, lingua castelá e matemáticas. Aínda que vos deixamos máis material por se queredes usar algo a maiores.

👇Premede nas imaxes para acceder aos cadernos:👇

       

Tamén vos deixamos 👉aquí👈 un reto de lectura para estas vacacións, oxalá ao final do verán consigades ter todos os libriños coloreados! 📖💖
Ler máis...

luns, 8 de xuño de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA: Semana do 8 ao 12 de xuño

Ola a tod@s!!!

Esta semana toca traballar as ciencias naturais. Se premedes 👉aquí👈 iredes directamente ao documento no que atoparedes as tarefas propostas para esta semana.

Chic@s moito ánimo que estamos xa na recta final!!! Quedan xa os últimos esforzos e logo o tan merecido verán e as tan merecidas vacacións!!!💚💛💚💛

Biquiños a moreas

😘😘😘😘😘😘😘
Ler máis...

xoves, 4 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE: Venres 5 de xuño do 2020

Agora máis que nunca ter en conta días así cobra moita forza!!!

Este venres día 5 de xuño celébrase a nivel mundial o día do Medio Ambiente.





Estamos pasando por unha época moi complicada en todos os lugares do mundo. Unha época na que sobre todo está en xogo a nosa saúde!! Como ben sabedes é debido a un virus, o COVID-19, que xurdiu na China e foise espallando por todo o mundo. Pois ben, tod@s os expertos en Ciencia están dacordo que isto se debe a todas as alteracións que están sufrindo os ecosistemas provocadas pola contaminación, á superpoboación e en definitiva ao cambio climático que se deriva de todo isto. Polo tanto si non cambiamos e non tomamos en serio o coidado do planeta seguiremos sufrindo as consecuencias.....














Si premedes aquí  ides acceder a unha páxina das Nacións Unidas na que tanto vós, @s nen@s ,como os pais e nais podedes atopar información importante sobre o medio ambiente, un trivial sobre biodiversidade e un vídeo moi clarificador sobre o planeta.( O vídeo está en inglés pero ten subtítulos en castelán e o trivial está en inglés pero podedes intentalo 😉)

Por último, que vos parece si aportamos algo ao medio ambiente?? Podemos adicar algúns minutiños da nosa vida a facer cousas boas e axudar ao planeta, por exemplo: sementar, plantar unha planta ou unha árbore, axudar a coidar as que temos na casa ou no xardín, reciclar SEMPRE, consumir menos e con máis cabeza...….. millóns de cousas pequeniñas que podemos facer e que axudan a COIDAR E MIMAR o único planeta que temos!!!


Ler máis...

luns, 1 de xuño de 2020

RETO 4: COCIÑA EN FAMILIA!

Esta semana toca novo reto: 🍴🍳COCIÑA EN FAMILIA!👪

Sabemos que durante o confinamento, do que pouco a pouco imos saíndo, os produtos estrela na lista da compra estiveron a ser a fariña e a levadura; e estamos seguras de que con tanto tempo na casiña estades sacando a vosa mellor versión como cociñeiros e reposteiros! Así que animádevos a participar neste novo reto e xuntos crearemos o noso 📖libriño de receitas na corentena!🍴

Para facelo, só tedes que seguir estes pasos, coa axuda dun adulto e doutros membros da familia:

1. 📝🛒Escribir a receita: listaxe de ingredientes e descrición da elaboración (non esquezades apuntar todos os detalles necesarios, así os compis e profes poderemos intentar copiarvos a receita!).
2. 🍫🍯Preparar os ingredientes: escoller os utensilios, pesar, medir cantidades... (non esquezades facelo con rigor, a cociña é pura ciencia, aproveitade o que estades aprendendo en mates sobre medidas!).
3. 🍴🍵Elaborar a receita e degustala!!

Recordade sacar algunha foto📸durante o proceso e do resultado final da vosa receita, ou ben, gravádeo en vídeo🎥 . Enviádenos por correo electrónico📧 a receita escrita e as vosas fotos/vídeos. Estamos desexando velas! Animádevos a participar!!

Bicos a moreas!🌈

Ler máis...

CIENCIAS SOCIAIS: Semana do 1 ao 5 de xuño

Ola a tod@s!!

Se premedes 👉aquí👈 poderedes ver as propostas desta nova semana de ciencias sociais.

Deixámosvos aquí os vídeos cos que imos comezar, e que nos falan das localidades, para
entender un pouquiño o que son e como funcionan:

  


Moito ánimo que xa estamos no derradeiro mes de curso!!!!💪💪👦👧👦👧

Biquiños a moreas

😘😘😘😘

Ler máis...

xoves, 28 de maio de 2020

RETO: Emocións

Publicamos hoxe o vídeo da vosa compañeira Sara de 3ºA  sobre as emocións no confinamento.
Gracias Sara!

Biquiños 😘😘




Ler máis...

TRABALLIÑOS VARIOS

Ola!! Como estades??? Deixámosvos  por aquí unhos cuantos traballiños variados que fostes facendo con moitísimo esforzo e dos que estamos moi orgullosas!!!

Apertas!!!💙💚💛💜


LIBRO DE ANIMAIS por Iria Sotelo de 3ºA:











FOLLETOS INFORMATIVOS:


ÁNGEL MARTÍNEZ 3ºB


PAULA FIGUEIRAL 3ºC


SARA OTERO 3ºA
ÁNGEL POUSADA 3ºB













UN LUGAR PARA VIVIR:


MARTINA VÁZQUEZ 3ºA

SARA OTERO 3ºA














TEO PÉREZ 3ºC

MARTINA BARREIRO 3ºA

ÁNGEL POUSADA 3ºB














REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO SEMANAL:

ANA RODRÍGUEZ 3ºB

Ler máis...

luns, 25 de maio de 2020

CIENCIAS: Semana do 25 ao 29 de maio

Premendo 👉aquí👈 poderedes atopar as propostas de Ciencias Naturais para esta semana.

Comezamos tema novo! Moito ánimo que o estades a facer xenial, encantáronnos as actividades que nos fostes enviando de Ciencias Sociais!!  Hai lugares que pensastes que poderían ser súper interesantes si chegasen a ser reais 😊😊💙💚💛💜:

Diego Villaverde 3ºA
           
Mariana Pedrouzo 3ºA
 
Águeda 3ºB
Ángel Martínez 3ºB
 
Ler máis...

luns, 18 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: Semana do 18 ao 22 de maio

Podedes acceder aquí ás novas propostas de Ciencias Sociais para esta semana. Comezamos tema novo no que aprenderemos moitas cousiñas novas do lugar no que vivimos e doutros lugares tamén.

Moito ánimo bonitiñ@s!!!
Ler máis...

luns, 11 de maio de 2020

RETO: Intelixencia emocional

Aquí podedes ver os retos que nos fostes enviando ao longo destes 15 días sobre Intelixencia emocional.

Moitas gracias por esforzarvos e sobre todo por compartir!!! 😘😘








Ler máis...

CIENCIAS NATURAIS: Semana do 11 ao 15 de maio

11 de maio do 2020...….. seguimos coa desescalada...… veña!! pouco a pouco estámolo conseguindo !!!


Esta semana traballaremos coas Ciencias Naturais, recordade, cada semana alternamos C.N , C.S e as linguas.

Premede 👉aquí👈 e podedes comezar xa a traballar nas propostas de Ciencias.

Recordade que podedes ir xuntando todos os vosos traballiños nunha carpetiña para traelos ao cole cando a situación o permita, e por suposto para que vaiades vendo vós mesmos todo o que estades traballando!👏💪
Como está facendo a vosa compañeira Paula, de 3ºC, que nos enviou unha fotiño de como está organizando as súas tarefas na súa 📂carpeta de aprendizaxe na corentena📑:


Boa semana a tod@s!! Botámosvos moito de menos!!

Apertas e bicos a moreas!!!
Ler máis...

luns, 4 de maio de 2020

CIENCIAS SOCIAIS: Semana do 4 ao 8 de MAIO

Nova semana e novas propostas!!

Como foron as propostas da semana pasada?? Estades preparando o reto?? 😀

Comezamos con Ciencias Sociais, queremos lembrarvos que alternamos cada semana as Ciencias e as Linguas, polo tanto, a semana pasada fixestes traballo de Lingua Castelá e Ciencias Naturais, entón esta semana tocan a Lingua Galega e as Ciencias Sociais. Tamén vos faremos propostas da área de Plástica cada 15 días. O motivo desta alternancia é que non esteades "sobrecargados" de traballo. Xa que tamén tedes as propostas que vos envían os profes de outras áreas. Aínda así, lembrade que somos moi flexibles, por favor, adaptade as propostas á vosa realidade e xa sabedes que para o que necesitedes aquí estamos! 

@s mestres temos un horario oficial de atención a pais e nais de 10 a 11 h. da mañá os días lectivos pero xa sabedes que podedes enviar as dúbidas que teñades tanto por abalar como polo correo electrónico:  terceirocovid19@gmail.com, á hora que precisedes e porémonos en contacto con vós o antes posible.

Se premedes aquí accederedes ás propostas de Ciencias Sociais programadas para esta semana.

Deixámovos un artigo que nos pareceu moi interesante para vós (pais e nais) sobre o momento que estamos a vivir e que debería facernos reflexionar a tod@s.  Preme aquí .

Un abrazo e bicos a moreas

 😘😘😘
Ler máis...

mércores, 29 de abril de 2020

INTELIXENCIA EMOCIONAL: RETO PARA 15 DÍAS

Ola a tod@s!!!
 Na programación desta semana ía plantexado un reto para 15 días. O reto é sobre emocións!! Creo que as emocións son "as gran olvidadas". Case nunca prestamos atención a elas ou incluso moitas veces tendemos a escondelas e non deixalas saír e iso é un TREMENDO ERRO!!!!

 Pois ben, para tratar de mellorar iso vai o reto desta semana e o post de hoxe.....

 Este post espero que resulte moi interesante para vós, os nen@s, pero tamén para vós, pais e nais. Nestes momentos tan complicados que estamos a vivir é de vital importancia entender e saber xestionar todo o que pensamos e sentimos. Non só para sobrelevalo nós senón tamén para manter unha relación sana cos nosos fillos e fillas.

 Deixovos unhos enlaces moi interesantes nos que podedes entender mellor o que é a Intelixencia Emocional e profundizar un pouquiño máis nela. Todos están sacados da revista de psicoloxía "La mente es maravillosa".

 Neste enlace explica o que é e por que é tan importante:

 https://lamenteesmaravillosa.com/daniel-goleman-teoria-la-inteligencia-emocional/


Aquí explica a importancia da Intelixencia Emocional n@s nen@s:

https://lamenteesmaravillosa.com/inteligencia-emocional-para-educar-ninos-felices/

E neste último davos unhas pautas a ter en conta para traballar as emocións a diario cos nosos fillos:

 https://lamenteesmaravillosa.com/diez-reglas-para-educar-a-los-ninos-en-inteligencia-emocional/

E por último quería deixarvos tamén unha serie de curtas moi moi boas todas que tratan de educar nas emocións:

https://www.canva.com/es_mx/aprende/33-cortometrajes-ideales-educar-emociones


Agora con todo isto só nos queda invitarvos a tod@s a preparar o reto destes 15 días a tope!! esforzándovos un montón e, para iso simplemente tedes que deixar saír as vosas EMOCIÓNS!!!!! ANIMÁDEVOS!! esperamos con moitísima ilusión todos os retos. Bicos a moreas!!
Ler máis...

luns, 27 de abril de 2020

Semana do 27 de Abril: CIENCIAS NATURAIS

Bos días a tod@s!!

 Agardo que esteades tod@s moi ben. Que tal foi o paseo de onte???😀 Supoño que o disfrutastes como nunca!!! Eso si! Lembrade facelo con moita responsabilidade para que toda esta situación vaia rematando!!!!

Moitos bicos para tod@s das profes. Botámosvos moito de menos!!! 😘😘😘


Comezamos semana nova e aquí vos deixamos algunhas actividades de Ciencias Naturais para que vaiades facendo......

Accede aquí á carpeta de Ciencias de Google Drive con actividades para estes días.
Ler máis...

venres, 17 de abril de 2020

Actividade proposta o 30 de marzo: CIENCIAS

Animámosvos a crear o voso propio libro de animais empregando este recurso creado por Belén García Varela e sacado do portal educativo Aulas galegas.

Ler máis...

INSTRUCIÓNS PARA ACCEDER AOS LIBROS DIXITAIS DE CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS

Ler máis...

xoves, 16 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA E CIENCIAS SOCIAIS: Webs e enlaces para reforzar contidos

Aquí vos deixamos unha serie de enlaces nos que podedes reforzar contidos das áreas de ciencias, nalgún deles toparedes contidos doutras áreas que tamén podedes utilizar.

  • http://www.ceiploreto.es/: nesta páxina web aparecen todas as áreas do currículo, teriades que premer no nivel correspondente, neste caso 3o, e logo na área na que ides traballar. A continuación, veredes os libros de texto das distintas editoriais, pinchades no libro correspondente e logo no tema que escollades.
  • Canles de YouTube:
          Happy Learning Español


          La Eduteca
Ler máis...