venres, 17 de abril de 2020

RETO 1: ESTAMOS CONECTAD@S!


ESTAMOS CONECTAD@S!

Xa sabedes que estes días todos temos un reto, todos podemos ser héroes ou heroínas quedándonos na casa! Seguro que non está sendo fácil e que teredes moitas ganas de volver ver aos vosos amigos e amigas do cole. Por iso propoñévosvos o seguinte:

Grava un audio ou vídeo en lingua galega contándonos como estás levando estes días na casa. Podes seguir o seguinte guión:
  • Saúdo Como te chamas?
  • Como estás ti? E a túa familia?
  • A que dedicas o tempo na casa? (amósanos unha actividade)
  • Despedida

Debedes practicar un pouco antes de gravar.
O vídeo/audio debe durar 15-20 segundos como máximo.
Unha vez o teñades listo podedes envíalo ao correo das profes: terceirocovid19@gmail.com

Montaremos un vídeo con todas as gravacións que nos enviedes que compartiremos aquí para que poidades saber como están e que fan os vosos compañeiros e compañeiras.

Tedes ata o venres 27 para enviar as vosas aportacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario