Algúns de vós enviástesnos uns carteis fermosísimos polo Día do Libro, mil grazas por participar!! Podedes velos nesta presentación:
Aproveitamos que aínda estamos no mes de abril, o mes dos libros e da literatura, para propoñervos unha actividade en familia que fará que compartades grandes momentos:
👪📖CLUBE DE LECTURA FAMILIAR📚🏠
Creade o voso recuncho de lectura na casa e dedicade 30 minutos (ou máis!) diarios a ler unha das propostas que vos deixamos na carpeta “Lectura” ou un libro que teñades na casa.Xa sabedes que o marabilloso de coñecer ben dúas linguas, o galego e o castelán, é que temos o dobre de posibilidades para expresarnos, comunicarnos, sentir e compartir. Así que cada semana, ou cada dúas semanas podedes ir alternando lecturas en galego e castelán.
Ademais, o bo de ler en familia é que cada día pode ler en voz alta un membro da familia distinto!
Ao rematar a lectura podedes facer a vosa crítica literaria cubrindo a ficha de lectura, ou incluso se vos animades, gravar as vosas recomendacións lectoras para que outros compis se animen a ler!
P.D: Deixámosvos aquí un documento co acceso a tres novos libros que Xerais ten dispoñibles para ler na plataforma ISSU na súa iniciativa #Ábrelleaportaálectura (Coma sempre, tamén o tedes na carpeta de lectura do Drive).
#Ábrelleaportaálectura #Lenacasa #Euleoengalego #Quedanacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario