Dado o atípico que foi este curso, parécenos interesante deixarvos para estas vacacións de verán algúns cadernos de repaso e reforzo dos contidos de 3º de primaria, para que poidades seguir traballando e mantendo certas rutinas na casa. Entendemos que os nenos/as precisan do seu merecido descanso e deben desfrutar do verán, pero dado que van a ser moitos meses sen clases presenciais, é convinte adicar algún tempo semanal a repasar e reforzar hábitos de estudo. Tedes varios materiais a vosa disposición para que seleccionedes os que sexan do voso interese.
Principalmente, recomendámosvos que traballedes cun caderniño das áreas instrumentais, lingua castelá e matemáticas. Aínda que vos deixamos máis material por se queredes usar algo a maiores.
👇Premede nas imaxes para acceder aos cadernos:👇
Tamén vos deixamos 👉
aquí👈 un reto de lectura para estas vacacións, oxalá ao final do verán consigades ter todos os libriños coloreados! 📖💖